miércoles, 25 de enero de 2012

Escolas vs. creatividade

No primeiro vídeo sobre as escolas e a creatividade  Sir Ken Robinson fálanos sobre o tema da educación centrándose nas escolas e a súa forma de impartir a educación en sí, K. Robinson mostra en desacordo coa forma de educar aos nenos, según el, de certo modo, as escolas matan a creatividade dos nenos, eu penso que máis que a forma de educar  o que mata a creatividade nos nenos é pouca esperanza que se deposita en eles, o pouco que se lles apoia a seguir adiante e que logren conseguir os seus soños. Outra cousa que queremos recalcar é que como Ken Robinson dixo para ser creativo ai que perder o medo a equivocarse o medo a cometer errores, pois unha persoa cando traballa facendo innovacións ou probando novas cousas arriscase a equivocarse, a non ter razón, pero aínda así esa persoa non se ven abaixo a pesar de que se equivoque en múltiples veces. Esa é unha caraterística fundamental dunha persoa que quere ser creativo e innovador, que quere cambiar algo para meior dende o seu punto de vista non lle debe importar o medo a equivocarse xa que estar equivocada, moitas veces, vai ligado a ser creativo.
No segundo vídeo K. Robinson segue manifestando a súa forma de pensar en base a como está organizada a educación na sociedade. Unha das frases que máis chamou a nosa atención é a seguinte: ‘’El problema es que tratan de llegar al futuro haciendo lo que hicieron en el pasado’’, actualmente cada vez hai máis descubrimentos, novas formas de ver e de percibir as cousas pero en moitas materias, como na educación, as cousas apenas modificaron, as nenos ségueselles inculcando unha base que en algúns puntos deberíase modificar. A educación debe evolucionar, evolucionar entorno a liberdade, os nenos deberían de atopar meiores e máis saídas para un futuro sen contarlle oportunidades e sen sacarlle o ánimo a que consigan o que queren e que non teñan medo a cometer errores e n facer todo tan monótono.
Recentemente escoitamos falar sobre un estudio no que dividían a os nenos según o seu nivel de intelixencia, o grupo A era o meior grupo no que meiores notas se sacaban e no grupo C eran os menos intelixentes polo que as notas eran peores. Nun determinado momento os nenos do peor grupo fixéronlles crer que pertencían ao grupo A e elevaron as súas notas e no grupo A fixeron o contrario, puxéronlle as peores calificacións. Ao cabo dun tempo os nenos do grupo C aumentaron o seu nivel e comezaron a sacar as notas que lle correspondían aos do grupo A e polo contra os dos grupo A baixaron o seu nivel. Os profesores tamén estaban enganados e con isto comprobouse que todo estamos ao mesmo nivel e que precisamos que nos apoien para conseguir o que queremos os nenos, e todo o mundo, precisa motivacións para sentirse máis fortes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario