Os obxectivos do desenvolvemento do milenio
Son oito propósitos do desenvolvemento humano fixados para o ano 2000, que os 193 países membros das Nacións Unidas acordan conseguir para o 2015. Trátase dun dos obxectivos que se deben cumprir ata a fecha sinalada do 2015. Aquí, trátanse problemas da vida cotidiana que son graves e radicais.
Os oitos obxectivos que se buscan cumprir son:
Obxectivo 2: Lograr a ensinanza universal
Obxectivo 5: Mellorar a saúde materna
Dentro de cada un de estes obxectivos atopamos unha serie de metas que se buscan cumprir tamén.
Dende o noso punto de vista a maioría de estes obxectivos non se están cumprindo, tal e como se propoñía cumprir polos países membros das Nacións Unidas. É posible que algúns dos obxectivos si se leven a cabo nos países que están máis desenvolvidos, pero sen embargo aínda queda moito camiño por percorrer para que obxectivos como reducir a mortalidade infantil ou lograr a ensinanza primaria universal, aínda están moi lexos de cumprirse en países que non están tan desenvolvidos e os cales teñen unha mala calidade de vida e apenas teñen recursos aos que sosterse para poder levar a cabo estes obxectivos, ou simplemente, aqueles dereitos máis simples que todos as persoas deberían de ter acceso.
Tamén, cabe resaltar, que a maioría das noticias que saen sobre o os obxectivos do desenvolvemento do milenio son negativas, é dicir, a maioría van enfocadas e resaltar que non se están cumprindo os obxectivos propostos, e que apenas se buscan recursos para lograr que estes obxectivos salgan adiante. Tamén, dende o noso punto de vista, vemos que a sociedade que nos rodea apenas se implica en lograr o cumprimento de estes obxectivos e incluso moitas persoas chegan a descoñecer o que realmente se pretende facer coa consecucións destes oito obxectivos marcados.
(VÍDEO)




