miércoles, 23 de mayo de 2012

''A vendedora de Rosas''



‘’La Vendedora de Rosas es una película colombiana dirigida por el cineastaantioqueño Víctor Gaviria y protagonizada por Lady Tabares. Se basa tanto en el cuentoLa Vendedora de Cerillas (o The little match girl en inglés) de Hans Christian Andersencomo en la vida de Mónica Rodríguez. La película se estrenó en 1998’’
Esta película cóntanos a dura realidade que teñen que vivir os nenos e nenas en algún lugares do mundo, unha infancia rodea de drogas, alcol e prostitución constante, o seu día a día basease en iso cando apenas a maioría de eles non chegan aos 15 anos están totalmente rodeados de iso, polo que sobrevivir nun mundo así faise realmente complicado.
A maioría con apenas 15 e 14 anos son consumidores habituais de alcol e distintas drogas que fan qué estean tirados polas calles e apenas poidan levantarse por eles mesmos e mesmo lle fan ter alucinacións. Algúns de estes pequenos rapaces ‘’fugáronse’’ da súa casa xa que se consideraban incomprendidos por seus e pensaban que na calle terían unha meior vida, e os pais todo isto apenas podían detelo e paralo.
O caso de Mónica, a protagonista, e máis dramática xa que ela esta realmente soa, leva esa vida despois da morte de súa avoa e de súa nai. Unha historia realmente dura e triste que fai qué a rapaza  con 13 anos teña que buscarse a vida vendendo rosas, e para colmo Mónica consume diariamente drogas e relacionase con persoas que o que buscan moitas veces é facerlle dano.
Unha película que nos ensina a cruda realidade que algúns adolescentes teñen que vivir e da que moitos non conseguen saír a diante e terminan da peor maneira. Unha realidade que se debería de evitar canto antes, corrixila, xa que estes nenos con apenas 14 anos non se poden permitir que leven estas vidas, son nenos deberíaselle proporcionar estudos e recursos para que poidan saír adiante e abandonar definitivamente esa vida, que non os leva a ningún lado.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario