Trátase dun día universal no que se produce unha gran reivindicación social, onde as todas as mulleres deixan de lado diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais… e de unen para loitar por unha igualdade xusta, tanto na vida laboral como na vida cotidiana.
A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.
Aínda que a idea deste dia é moi nobre e sta posto con boa intención, o dia da muller traballadora deberían ser tódolos días.
Se queremos igualdade e loitamos pola igualdade de sexos, creo que o feito de poñer un día adicado ao feito de que as mulleres están integradas no mundo laboral (aínda que haxa discriminacións de maior ou menor importancia) pode ter un segundo punto de vista, negativo, como podes ser que as mulleres son distintas aos homes e por iso hai un ‘’dia da muller traballadora’’, mentres que non hai un ‘’dia do home traballador’’,
porque o dia do home traballador non existe, e só hai o dia dos traballadores en xeral (homes e mais mulleres)?
porque se diferenza entre homes e mulleres se todos somos persoas cos mesmos dereitos?
o feito de diferenciar o dia da muller traballadora é outra forma de separar sexos?
En definitiva, o día da muller traballadora son os 365 días do ano, non o 8 de marzo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario